A restauración en imaxes
Unha mirada ao proceso de intervención, aos detalles descubertos durante os traballos e á evolución da restauración da Capela da Virxe dos Ollos Grandes.
Vista xeral da Capela da Virxe dos Ollos Grandes e do conxunto artístico que será obxecto da intervención.
As primeiras probas de limpeza revelan a diferenza entre as superficies alteradas e as zonas recuperadas.
A intervención permite apreciar con maior claridade os volumes, relevos e detalles ornamentais.
Baixo as capas escurecidas aparecen restos de cor e dourado que devolven profundidade á decoración.
O paso do tempo e a acumulación de sucidade escureceron a lectura da escultura e da súa policromía.