A capela da Virxe dos Ollos Grandes foi a obra dun gran arquitecto, de extraordinarios artistas e de centos de persoas cuxos nomes apenas coñecemos. O Cabido impulsou o proxecto e reuniu algúns dos mellores mestres do momento. Fernando de Casas Novoa deseñou a nova capela. Miguel de Romay realizou o gran tabernáculo da Virxe....
Levantada con fe
A comezos do século XVIII, o Cabido da Catedral de Lugo tivo que afrontar unha decisión que marcaría para sempre a historia do templo. Durante séculos, a devoción á Virxe dos Ollos Grandes fora medrando xeración tras xeración. A antiga capela de San Miguel acollera ese culto desde o século XVI, pero xa non expresaba...
Tomada a decisión de erguer unha nova capela para a Virxe dos Ollos Grandes, o Cabido tivo que afrontar un reto moito maior Converter aquela idea en realidade. Non era unha tarefa sinxela. Os recursos económicos eran limitados. Atopar un lugar axeitado dentro da Catedral esixía reorganizar espazos consolidados desde había séculos e calquera intervención...