A Capela

Levantada con fe

Baja para continuar

A capela da Virxe dos Ollos Grandes foi a obra dun gran arquitecto, de extraordinarios artistas e de centos de persoas cuxos nomes apenas coñecemos.

O Cabido impulsou o proxecto e reuniu algúns dos mellores mestres do momento. Fernando de Casas Novoa deseñou a nova capela. Miguel de Romay realizou o gran tabernáculo da Virxe. Lucas Ferro Caaveiro dirixiu a execución da obra e Miguel Antonio García Bouzas asumiu boa parte da decoración pictórica. Xunto a eles traballaron canteiros, ensambladores, douradores, carpinteiros e numerosos oficiais que fixeron posible unha das grandes realizacións do barroco galego.

Pero erguer unha obra desta envergadura esixía, ademais de talento, un enorme esforzo económico.

Os libros de Fábrica conservan a lembranza de numerosas achegas destinadas a facer posible a nova capela.

O Cabido asumiu unha parte moi importante do custo da obra, moitos cóengos contribuíron cos seus propios recursos e o bispo Manuel Santa María Salazar realizou unha importante achega persoal que permaneceu discretamente oculta durante anos.

Unha obra de todo un pobo
Interior da capela da Virxe dos Ollos Grandes

Fe e xenerosidade

Unha obra de todo un pobo

Xunto aos grandes benfeitores aparecen decenas de doantes anónimos: persoas que entregaron uns poucos reais, deixaron unha manda no seu testamento ou depositaron unha pequena esmola.

A contía de cada achega era secundaria. O verdadeiramente importante era o desexo de participar nunha obra que os lucenses sentían como propia e que había de expresar a súa devoción á Virxe.

A capela da Virxe dos Ollos Grandes non naceu unicamente do talento de grandes artistas nin da xenerosidade duns poucos benfeitores. Tras o seu esplendor atópase tamén a contribución humilde de innumerables persoas cuxos nomes, en moitos casos, non chegaron ata nós.

Desliza para explorar ou baixa para continuar