Cada día, dende a praza de Santa María, os guías sinalan a capela da Virxe dos Ollos Grandes. Os visitantes levantan a vista, escoitan unhas palabras, fan unha fotografía e continúan a visita. E sempre penso o mesmo: que difícil é resumir nuns minutos unha historia que esta cidade leva escribindo desde hai séculos. Detrás...
Descobre a súa orixe
Hai espazos que acaban por parecernos inevitables. Custa imaxinar que algunha vez foron distintos. E, con todo, as cidades cambian. Tamén as catedrais. Quen entra hoxe na Catedral de Lugo dirixe case sen pensalo os pasos cara á capela da Virxe dos Ollos Grandes. A súa presenza no centro da deambulatoria parece tan natural que...
Hoxe todos a coñecen como… a Virxe dos Ollos Grandes. Pero durante séculos ninguén a chamou así. E, con todo, a devoción xa existía. Moito antes de que aparecese esta advocación, os documentos medievais falan unha e outra vez de Santa María de Lugo. Reis, raíñas, bispos, nobres e particulares encomendan a ela as súas...
A primeira vista vemos a unha nai co seu fillo. Pero un cristián da Idade Media vía moito máis. As esculturas medievais non se concibían unicamente para seren admiradas. Cada xesto, cada postura e cada detalle transmitían unha verdade da fe á sociedade. A imaxe da Virxe dos Ollos Grandes é un magnífico exemplo desa...