A Restauración

O que a restauración pode devolvernos

Baja para continuar

Despois de case tres séculos, o paso do tempo cambiou a forma en que contemplamos a capela da Virxe dos Ollos Grandes.

A acumulación de sucidade e o envellecemento dos vernices escureceron especialmente o baldaquino. As primeiras catas permiten comprobar xa algunhas desas transformacións: en determinadas zonas, as probas de limpeza deixaron aparecer superficies douradas que hoxe apenas percibimos.

Algo semellante sucede cos medallóns e outros elementos policromados.

Vania López, directora técnica do Centro de Conservación e Restauración San Martín, destaca precisamente o seu escurecemento actual e lembra a importancia que a cor ten na luminosidade do conxunto.

A restauración permitirá recuperar parte desa riqueza e comprender mellor as relacións entre arquitectura, escultura, pintura e dourado que deron forma á capela.

O que a restauración pode devolvernos
Interior da capela da Virxe dos Ollos Grandes

O que pode revelar a intervención

Aínda é cedo para saber cal será o resultado final.

Será o propio estudo da obra o que determine ata onde pode chegar a intervención. Pero Vania López anticipa xa un dos cambios que probablemente percibiremos con maior claridade: a luz

A limpeza dos dourados, das policromías e dos distintos elementos decorativos permitirá comprender mellor unha capela concibida precisamente para que a cor e a luz formasen parte da súa linguaxe.

Unha capela que deixaramos de ver

Desliza para explorar ou baixa para continuar