A Restauración

Restaurar non é volver pintar

Baja para continuar

Cando contemplamos unha obra deteriorada, pode parecer que restaurala consiste simplemente en limpala e reparar aquilo que está danado.

Pero restaurar non significa refacer. Como explica a directora técnica do Centro de Conservación e Restauración San Martín, Vania López, antes de intervir é necesario coñecer a obra, estudar os seus materiais e comprender as transformacións que experimentou ao longo do tempo.

Só entón se pode decidir que necesita realmente e ata onde se debe actuar.

O proceso comeza polo máis elemental: retirar coidadosamente o po e a sucidade superficial. Se existen zonas de policromía desprendida, fíxanse antes de continuar para evitar calquera perda. Despois chegan as probas e os tratamentos de limpeza, sempre adaptados a cada material e ao seu estado de conservación.

Restaurar sen borrar a súa historia
Interior da capela da Virxe dos Ollos Grandes

Criterios de restauración

Restaurar sen borrar a súa historia

E hai un principio fundamental.

Cando falta policromía, a intervención limítase ás lagoas existentes, de maneira que se poida recuperar a lectura do conxunto sen ocultar nin substituír aquilo que chegou ata nós.

Ese mesmo criterio guía toda a restauración da capela: intervir só onde sexa necesario, empregar materiais compatibles e respectar as pegadas que forman parte da súa historia.

Desliza para explorar ou baixa para continuar