A Restauración

Que revelarán as obras?

Baja para continuar

Restaurar unha obra como a capela da Virxe dos Ollos Grandes significa tamén investigala.

Traballar directamente sobre os seus materiais permite recoñecer transformacións anteriores, observar detalles que ata agora pasaron inadvertidos e obter nova información sobre a historia do conxunto.

As primeiras catas, pequenas probas que permiten coñecer que hai baixo as capas visibles antes de intervir, xa suscitaron algunhas preguntas. Nunha delas, a retirada da pintura plástica deixou ao descuberto unhas zonas de pigmentación alaranxada que deberán estudarse con maior detalle.

E pode que non sexa a única sorpresa...

A capela atravesou case tres séculos de reformas, reparacións e intervencións, non todas coñecidas co mesmo detalle. O estudo dos seus materiais pode axudarnos a reconstruír parte desas transformacións e a comprender mellor como chegou ata nós.

Vania López, directora técnica do Centro de Conservación e Restauración San Martín, resúmeo dunha maneira moi sinxela:

«Vai ser unha sorpresa tamén para min».

Memoria da intervención

Documentar para
comprender

Todo o proceso quedará documentado mediante fotografías, estudos e rexistros das actuacións realizadas. Os novos coñecementos e descubrimentos que xurdan durante a restauración incorporaranse ao estudo da capela e compartiranse nesta web para seguir de preto a evolución do proxecto.

01 Fotografías
02 Estudos
03 Rexistros
04 Coñecemento

Tres séculos despois

A capela aínda garda preguntas que a restauración pode axudarnos a responder.

Desliza para explorar ou baixa para continuar