Restaurar unha obra como a capela da Virxe dos Ollos Grandes significa tamén investigala.
Traballar directamente sobre os seus materiais permite recoñecer transformacións anteriores, observar detalles que ata agora pasaron inadvertidos e obter nova información sobre a historia do conxunto.
As primeiras catas, pequenas probas que permiten coñecer que hai baixo as capas visibles antes de intervir, xa suscitaron algunhas preguntas. Nunha delas, a retirada da pintura plástica deixou ao descuberto unhas zonas de pigmentación alaranxada que deberán estudarse con maior detalle.